SanidadeÚltima hora

A Comisión de Centro da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco esixe das autoridades “máxima protección para os traballadores sanitarios”

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nestes momentos de alarma sanitaria polo COVID-19, a Comisión de Centro do CHUO, así como a Comisión Delegada de Verín e a Comisión de Centro de Atención Primaria da Área de Ourense, Verín e O Barco vén de emitir un comunicado no que din que “esiximos de todas as autoridades, direccións, xerencias ou calquera outro organismo competente a máxima protección dos taballadores da sanidade en estes momentos de alarma sanitaria pola pandemiado COVID-19”.

O texto, asinado polo presidente da xunta de persoal, Fernando Rivas, sinala que  “todos recoñecemos, os profesionais sanitarios os primeiros, os momentos tan difíciles que estamos a pasar debido a pandemia do Coronavirus. Confinamento nos fogares, colexios, centros de traballo, centros socias pechados, fabricas, hoteis, restaurantes, comercios baixo ERTEs. Todo para tentar frear a expansión do virus. Toda a poboación colaborando de maneira exemplar. Pero é o persoal sanitario o que de maneira directa está a enfrentarse coa infección. É o seu labor e os profesionais sábeno, son conscientes do seu traballo, son os que millor saben en que situación nos atopamose os que millor coñecen as consecuencias da enfermidade, a parte de ser os millor preparados para enfrentarse a ela por experencia e coñecemento”.

No comunicado tamén se fala de falta de medios. “Non temos mascarillas, nin batas, nin gafas suficientes, incluso carecemos de fonendos ou pulsioximetros, tamén carecemos de respiradores, monitores ou material de coidados intensivos suficiente para sentirnos seguros”, din dende a comisión de centro da área.

Ademais neste comunicado tamén se indica que o número de sanitarios infectados “crece a un ritmo máis que preocupante. Un dato: se o domingo 22 transmítesenos o dato de que temos 29 profesionais positivos (confirmados de padecer a enfermidade), hoxe 27 xa temos 63. Mais do dobre en 5 días. Non podemos esperar mais, necesitamos protección, seguridade, material”.

O comunicado conclúe cunha petición. “Pedimos o apoio de todo o mundo, a comprensión  da poboación, agradecemos os aplausos, pero esiximos das autoridades que nos protexan”.

Artigos relacionados

Back to top button