OurenseÚltima hora

A Comisión de Infraesturas da CEO reúnese para analizar as actuacións da provincia

Os compoñentes repasaron o estado actual de infraestruturas como a A-76 Ourense-Ponferrada

Nesta mañá de 4 de agosto, reuníase na sede da CEO a Comisión de Infraestruturas para tomar contacto tras a paralización debida á pandemia, e comezar a análise das infraestruturas pendentes de execución na provincia.

 

Durante a reunión.

 

A comisión de hoxe puxo sobre a mesa as infraestruturas pendentes que, durante o estado de alarma e o confinamento, non tiveron o desenvolvemento nin o ritmo esperado, e que supoñerán tras a súa finalización, un verdadeiro estímulo para incentivar a recuperación económica da provincia.

Os compoñentes da comisión repasaron o estado actual de infraestruturas como a A-56 Ourense-Lugo, a A-76 Ourense-Ponferrada, a Circunvalación Norte, a estación de mercadorías do Polígono de San Cibrao, a chegada do AVE a Ourense ou a estación ferroviaria Ourense- Empalme e a nova terminal de autobuses.

Tras o exame pormenorizado de cada unha destas actuacións, a comisión fixou un plan de traballo para os próximos meses no que destaca a observación detallada do desenvolvemento dos traballos e os prazos en cada unha destas obras co fin de trasladar, se procede, as reclamacións pertinentes ás administracións responsables, e doutra banda, informar á cidadanía e a sociedade en xeral, tanto do avance como das expectativas de posta en marcha das devanditas actuacións.

Artigos relacionados

Back to top button