A comisión de seguemento da Plataforma da A-76 reunirase en Monforte

A convocatoria está prevista para o 13 de decembro e o obxectivo é tratar de axilizar o proxecto desta infraestrutura

Imaxe da reunión da comisión de seguemento da A-76 celebrada en xullo no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Seis meses despois da xuntanza mantida no Barco, a comisión de seguemento da Plataforma en defensa da A-76 volverá reunirse na tarde do vindeiro 13 de decembro no Concello de Monforte de Lemos. Este encontro vén de ser convocado polos presidentes da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do Círculo Empresarial Leonés, CEL-Bierzo.

A esta cita están convocados os alcaldes do Barco de Valdeorras, Monforte de Lemos e Ponferrada, así como os representantes das asociacións empresariais destes municipios. O obxectivo da reunión é facer seguemento do estado dos proxectos.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies