PolíticaÚltima hora

A comisión do arranxo da estrada vianesa a San Agustiño reunirase co presidente da Deputación

O encontro está previsto para o vindeiro luns 6 de agosto, segundo se adianta dende a Agrupación Socialista de Viana
Imaxe da estrada a San Agostiño en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Para o vindeiro día 6 de agosto está prevista unha xuntanza entre a comisión creada para xestionar o arranxo da estrada a San Agostiño e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, segundo adianta a Agrupación Socialista de Viana do Bolo.

“Lembramos que esta comisión xurdiu coma consecuencia da moción presentada polos socialistas e aprobada no pleno cos votos a favor do PP e en contra dos do BNG, co fin de manter xuntanzas cos propietarios da estrada, a saber: Endesa,Deputación e Concello, e axuda da Xunta, tendentes a elaborar o orzamento para unha nova capa de rodadura que sería sufragado polas institucións citadas”, segundo os socialistas vianeses.

Esta comisión está formada polo primeiro concelleiro do PP, o quinto concelleiro do BNG e máis polo único concelleiro socialista na Corporación. “Non dubidamos de que esta xuntanza, por mor da boa disposición do presidente da Deputación, vai permitir que se adopten solucións que impliquen a todos os actores e que sexa o escomenzo dunha pronta e definitiva boa nova. Manteremos informados a todos os veciños do resultado da mesma”, aseguran dende a Agrupación Local do PSdeG de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button