CulturaCulturaÚltima hora

A Comisión e o Concello traballan na organización dun Entroido de Xinzo “máis tradicional” e adaptado á pandemia

Para mañá convocouse una reunión aberta á que poderán asistir todos os veciños que desexen colaborar na programación das festas

As Pantallas ilustran o stand do Concello de Xinzo en Xantar.

 

A palabra Entroido, celebración que se desenvolverá do 6 de febreiro (Fareleiro) ao 6 de marzo (Piñata) comeza a resoar por todos os recunchos de Xinzo de Limia. As datas achéganse ao calendario e o Concello, a través da concellería de Cultura e Mocidade que dirixe Ramiro Rodríguez, xunto coa Comisión, levan varias semanas dando voltas á organización, que non será sinxela pola necesidade de establecer varios escenarios nestes tempos de pandemia.

Para mañá ás 20 horas está prevista unha reunión aberta na Casa da Cultura á que poderán asistir todos os veciños e veciñas que desexen colaborar nos preparativos. Será unha oportunidade idónea para poñer en común diferentes ideas e comezar a programar os festexos.

Tal como adiantan dende o Concello, o procedemento é o mesmo de anos anteriores, se ben no 2021 o Entroido tivo que suspenderse pola alta incidencia do Covid-19. O primeiro paso é convocar unha reunión cuns meses de antelación para que se poida incorporar á Comisión todo aquel desexe colaborar. En calquera caso, esta agrupación sempre estará aberta a quen se queira integrar en calquera momento da organización.

Con todo, por mor da pandemia o Concello de Xinzo pensa nun Entroido más tradicional, prescindido de eventos multitudinarios como poderían ser os concertos. Así o explicou Ramiro Rodríguez asegurando que “aínda que as previsións con respecto á pandemia son optimistas temos que pensar moito na organización”. Por iso barallaranse varios escenarios en función da nova normalidade.

Artigos relacionados

Back to top button