OurenseÚltima hora

A Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Viaria presenta os datos de Ourense

En 2015 implantarase a reforma do Regulamento de Circulación e incrementaranse os controis de drogas
Reunión da Comisión Provincial de Tráfico e Seguridad Viaria na Subdelegación do Goberno de Ourense.
Reunión da Comisión Provincial de Tráfico e Seguridad Viaria na Subdelegación do Goberno de Ourense.

A sinistralidade viaria da provincia de Ourense mantén unha tendencia descendente, malia os falecidos en 2014. Esa é unha das conclusións da Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Viaria presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, na mañá do 9 de abril, na que o Xefe Provincial de Tráfico de Ourense, David Llorente, presentou o balance correspondente ao ano 2014, que non obstante, reflicte un incremento en accidentes mortais e vítimas mortais rexistradas nas estradas ourensás respecto ao mesmo período do ano anterior.

En 2014 produxéronse en Ourense 18 accidentes mortais con 18 falecidos, 6 máis que en 2013 (dous en zona urbana e dezaseis en estradas). Asemade durante o pasado ano foron detraídos 31.958 puntos, 3.624 menos que en 2013, por sancións impostas con ocasión da comisión de infraccións administrativas en materia de tráfico.

Na Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade da Circulación Viaria, tamén se expuxeron as novas medidas postas en marcha este ano en materia de seguridade viaria na provincia.

Con respecto á memoria, de 2014 destaca o número de positivos por droga (256) así como as 440 colisións con xabaríns rexistradas.

A pesares do repunte en mortos de 2014 con respecto a 2013, en 2015 Ourense é xunto con Palencia e Teruel a única provincia con 0 falecidos ata o 9 de abril, contabilizándose 23 feridos graves. Este mesmo ano publicarase a reforma do Regulamento de Circulación e incrementaranse os controis de drogas.

Artigos relacionados

Back to top button