ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A comitiva da Festa dos Reis percorre Chaguazoso (A Mezquita)

 

Precedida pola música das gaitas, a comitiva da tradicional Festa de Reis de Chaguazoso daba unha longa ronda por esta localidade da Mezquita na noite do 3 de xaneiro para cantar en cada unha das súas casas. Na mañá seguinte, repetía o percorrido, encabezada polo Rei solteiro (Roberto) e polo Rei casado (Jose), que saudaban aos veciños en cada un dos seus domilicios, onde eran recibidos con licores e petiscos. Tras eles ía o resto da comitiva, da que formaban parte, entre outras figuras, A Rita.

 

 

Trátase dun personaxe característico desta celebración. É un home vestido de muller que leva un meniño e unha cesta con ovos. Tras a ronda, todos reuníanse na igrexa para asistir á misa de Rei. Nela tamén estaban as raíñas, xa que as mulleres tamén organizan esta celebración, pero de forma separada aos homes.

A partir de aí viñan os banquetes colectivos que se manterán ata o remate da festa, previsto para o 6 de xaneiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button