ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A comitiva de Papá Noel percorre A Rúa en Noiteboa

A cabalgata foi organizada pola Asociación Sociocultural San Cristóbal

Tamén A Rúa recibía este ano a visita de Papá Noel. Antes das seis da tarde do 24 de decembro, Noiteboa, a comitiva comezaba o percorrido por algunhas das rúas da localidade repartindo caramelos.

En lugar de trineo, Papá Noel chegaba á Rúa no tren das festas acompañado, eso sí polos elfos e numerosos cativos vestidos de vermello para a ocasión. Unha iniciativa que parte da Asociación Sociocultural San Cristóbal, que despois de organizar a Cea de Nadal o primeiro de decembro e decorar os establementos da vila con árbores navideños, por un novo gran de area para animar as festas na Rúa, especialmente aos máis pequenos.

O día 28, tamén farán un pasarrúas navideño con saída ás 18h. da rúa Doutor Vila.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button