OurenseÚltima hora

A compañía Suttotos estrea “Inestable” en Ourense no marco da XI edición do FITO

O Festival Internacional de Teatro de Ourense estenderase ata o 14 de outubro
Imaxe da obra “Inestable”.

Dende onte e ata o 14 de outubro, a XI edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) convertirá de novo á cidade das Burgas na capital galega do teatro. Nesta edición, na que ofrecerá 16 espectáculos de 15 compañías (seis delas dirixidas por mulleres), o teatro tradicional convivirá con novas propostas como teatro de rúa ou danza, da man de compañías chegadas de España, Portugal, Arxentina, Israel e Chile.

A programación deste ano permitirá aos ourensáns revisar os textos de autores clásicos, como Virginia Wolf, ou descubrir a voz de novos creadores como Genma Brió con Liberto; Selu Nieto, con La última Boqueá ou Mariano Barroso e Alejandro Fernández, con Todas las mujeres. Ademais haberá nove estreas e teatro feito en Galicia, coa presenza de sete compañías recoñecidas en certames do máis alto nivel.

As representacións terán lugar no Teatro Principal e no Auditorio Municipal, que este ano adaptan os seus horarios para facilitar o acceso ao maior número de público. Así, os domingos as representacións no Teatro Principal serán ás 19 horas, e no Auditorio ás 20:30 horas. O resto da semana o horario será ás 20 e ás 22:30 horas, respectivamente. O programa será máis diversificado que nunca con ofertas de “teatro de rúa, danza, teatro de autor, teatro contemporáneo e comprometido”.

O programa arrancaba o xoves 4 de outubro cos espectáculos Sentido e Manusear e continúa hoxe coa estrea de Inestable e En Construción.

 

Programa do 11º FITO.

Artigos relacionados

Back to top button