ConcellosEn portadaEntroido 2020Última hora

A “Comparsa” volve neste Entroido ás aldeas vianesas

Esta antiga manifestación carnavalesca era recuperada o pasado ano por un grupo de veciños do concello

Os personaxes da “Comparsa” durante a representación o pasado Entroido en Caldesiños (Viana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os diferentes personaxes das antigas “Comparsas” que décadas atrás percorrían as aldeas da zona sur e surleste de Viana do Bolo volverán cobrar vida neste Entroido. Eran unhas “comitivas dramático-musicais”, en palabras do investigador Pedro Basalo, que, encabezadas polo Director, nas datas principais da festa visitaban diversas localidades para dar unha ronda, ofrecer brindis e representar disputas.

O pasado ano, e tras décadas perdidas, eran recuperadas por un grupo de veciños do concello de Viana, que este ano apostan por darlle continuidade. Así o 15 de febreiro a comparsa visitará ás 11h. Pixeiros, ás 13:30h. Solbeira, e ás 17:30h. Caldesiños. No seguinte sábado, esta ruta carnavalesca continuará por Penouta (11:30h.) e Punxeiro (17h.).

 

Artigos relacionados

Back to top button