DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A competición galega de cross brilla na Rúa

Uns 800 atletas de diferentes clubs galegos participaban en ata 5 campionatos distintos neste domingo

 

Neste 26 de xaneiro A Rúa convertíase na capital galega do campo a través. Multitude de atletas, boa partes deles da base, e clubs dábanse cita no circuíto do Aguillón para tomar a saída en ata cinco probas diferentes: o 24º Memorial Alejandro Lorenzo, o 15º Campionato de Galicia Sub16 individual e por clubs, no 30º/48 Campionato de Galicia Sub18 individual e por clubs e no 2º Campionato de Galicia de campo a través mixto por relevos.

 

 

O tempo acompañaba e había numeroso público seguinto as competicións. Entre eses espectadores estaba o presidente da Federación Galega de Atletismo (FGA), Isidoro Hornillos, que seguía as probas a pé de circuíto e facía un balance moi positivo desta xornada de atletismo, así como do esforzo organizativo realizado dende a Delegación Valdeorresa de Atletismo. Ademais agradecía o labor do Club Adas e do Atletismo Rúa, así como o apoio do Concello da Rúa.

O programa deportivo completábase coa entrega de premios, na que participaban, entre outras autoridades, o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close