CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A comunidade virtual de “Artistas da casa” en Valdeorras segue medrando

Outros tres xoves sumáronse a esta iniciativa do Concello da Rúa, para dar a coñecer o seu talento musical

Sara Velasco co violín.

 

Pouco a pouco, os artistas (cada vez máis xoves e especialmente vencellados ao ámbito musical) que abrollan por toda a comarca de Valdeorras, vanse sumando á iniciativa do Concello da Rúa #ARTISTASDACASA.

Sara Velasco, con só 12 anos, demostra a través do vídeo colgado na comunidade virtual, o seu talento tocando o violín. Con outro instrumento, o saxofón, Brais interpreta o tema italiano Bella Ciao, que saltou á pequena pantalla coa serie La Casa de Papel.

 

Brais tocando o saxo.

 

A última incorporación ata o memento foi a de Julia Fernández que compartiu dende O Bolo a súa interpretación da canción de Lucía Gil Volveremos a brindar.

 

Julia Fernández cantando.

Artigos relacionados

Back to top button