En portadaÚltima hora

A conca Miño-Sil volve “á normalidade”

Así o indicaba o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, tras a reunión da Oficina Técnica da Seca en Ourense, que analizaba os datos hidrolóxicos dos últimos meses
Imaxe do río Sil ao seu paso polo casco vello do Barco./ Foto: A.R.

Tras a reunión da Oficina Técnica da Seca na mañá do 6 de abril, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín, vén de anunciar que esta conca volve “á normalidade”, desactivándose por tanto os avisos de prealerta por seca.

 

Reunión da Oficina Técnica da Seca da CHMS, na mañá do 6 de abril en Ourense./ Foto: CHMS.

Destacaba a gran cantidade de precipitacións caídas no pasado mes de marzo, cunha media de 315 litros por metro cadrado na demarcación, así como a precipitación acumulada nos últimos tres meses, cunha “media maior que a dos últimos 30 anos”. Tamén se refería ao aumento dos caudais circulantes, “a auga está chegando aos ríos”, e sinalaba que os “acuíferos están por riba da media nalgúns casos”.

O presidente da CHMS destacaba asemade á irregularidade e os picos de precipitacións dos últimos meses, un posible efecto, dixo, do cambio climático.

 

O presidente da CHMS, na rolda de prensa posterior á reunión./ Foto: CHMS.

Artigos relacionados

Back to top button