PolíticaÚltima hora

A concelleira Sabina Aguado encabezará a lista do PP ás municipais no Barco

A candidata destaca que “a necesidade de cambio no Barco de Valdeorras vén dada pola ausencia de proxecto político para un concello onde todo funciona como por inercia, pero perdendo forza”
A candidata Sabina Aguado, co presidente provincial do PP. Manuel Baltar.

Nas vindeiras eleccións locais a candidata do PP á alcaldía do Barco será Sabina Aguado García (Carballeda de Valdeorras, 1967). Segundo adianta, liderará un proxecto co que promete ofrecer “un novo goberno, porque o actual está claramente esgotado e se necesita un cambio”. Unha nova etapa, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, “para acabar cun modelo de goberno socialista caduco, que xa está na súa última fase e que non é quen de proxectar ilusión”.

Despois de catro anos como concelleira, Sabina Aguado aceptou encabezar a lista do Partido Popular no Barco “non como unha ambición persoal, senón como o proxecto común dun partido e de persoas que desexamos un goberno diferente”. Ese cambio, afirma Sabina, “si que é a miña ambición e non tan relevante quen encabece a lista”.

Destaca a candidata que a necesidade de cambio no Barco de Valdeorras vén dada pola ausencia de proxecto político para un concello “onde todo funciona como por inercia, pero perdendo forza, e donde a xente perdeu a ilusión e o sentimento de pertenza que tanto nos caracterizaba”. Na actualidade, declarou Aguado, “o grupo municipal prácticamente é unha soa persoa, o alcalde, e iso é o que quero cambiar, marcando diferenzas, incluíndo a un bo equipo de persoas que aporten ideas e contar coa opinión dos cidadáns”.

Sabina Aguado é a persoa “que pode ofrecer ese cambio ao Barco de Valdeorras e o PP a única formación política que pode levalo a cabo”, en palabras do presidente provincial do PP Manuel Baltar, para quen a candidata “ten a forza necesaria para acabar cun modelo de goberno socialista caduco, xa está na súa última fase, que non proxecta ilusión”.

Manuel Baltar subliñou que O Barco de Valdeorras “é políticamente popular e así o demostra en eleccións xerais, autonómicas e europeas, e agora temos unha excelente oportunidade de darlle un voto de confianza á candidata para que tamén o PP sexa a forza máis votada”.

Sabina, engadiu, “coñece ben as necesidades do concello, truncadas todos estes anos porque o alcalde non tiña un proxecto político que ofrecer”. A candidata poderá demostrar, declarou Manuel Baltar, que tamén saberá abrir portas nas administracións presentando proxectos que visualicen ese cambio que se necesita na gobernanza, que non ten nada que ver coa actual, e animando á participación cidadá para que tamén se sinta parte dunha nova etapa”.

Artigos relacionados

Back to top button