CulturaCulturaÚltima hora

A Concellería de Cultura do Barco organiza unha viaxe a Madrid para ver “33, el musical”

Está protagonizado polo actor barquense Christian Escuredo. A viaxe está prevista para o 6 de abril

Dende a  Concellaría de Cultura e Educación do Barco estase a organizar unha viaxe a Madrid para ver “33, el musical”, un espectáculo que está protagonizado polo actor barquense Christian Escuredo. Será o sábado 6 de abril, sempre que se cubran as 50 prazas dispoñibles. O prezo da excursión é de 69 euros (viaxe, comida e entrada). Estes 69 euros inclúen a viaxe ida e volta en autocar, o xantar e a entrada en platea lateral na función das 17 horas no Espacio 33 – Ifema – Madrid.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Servizo de Cultura no teléfono 988320053 ou por correo electrónico (cultura@concellodobarco.org) ata as 12h do martes 2 de abril, onde se lles facilitará unha conta para ingresar o importe da reserva.

O autocar sairía do Barco ás 9 horas (praza do Concello) pararía en Arévalo para o xantar, chegando ao Espacio 33 de Ifema para entrar á función das 17 horas. O espectáculo ten unha duración de 3 horas, ao finalizar emprenderíase a viaxe de volta ao Barco.

“33, el musical” foi estreado en novembro de 2018 e conta como, a pesar dos consellos da súa nai, Jesús, un carpinteiro de Nazaret, decide ir a Xerusalén impulsado pola ilusión de levar a mellor das noticias.

Artigos relacionados

Back to top button