DeportesÚltima hora

A concentración de moteiros deixa que Corredoira Stunt marque o asfalto de Trives coas súas acrobacias

Ás 23 horas da noite deste sábado centos de moteiros e espectadores gozaron entre sons de motor do espactáculo ofrecido pola compañía pontevedresa a cargo de Os Esquíos
Miguel Corredoira durante a exhibición en Trives.

A concentración motorística Os Esquíos que recorre nestas datas a comarca vai incrementando seguidores ano tras ano. Tras 15 edicións, de novo volven a reunirse centos de motoristas que, disfrutando da compaña, dos eventos e, sobre todo, da comida, este ano xa chegaban ó máximo de 400 inscripcións para o sábado o día anterior, e o mesmo sábado tiveron que deixar fóra a 60 por pasarse do límite.

A noite do 13 de xullo Trives cheiraba a gasolina e motor grazas á exhibición de destrezas de Corredoira Stunt, de O Poio (Pontevedra), como parte do programa da concentración moteira. O grupo, formado pola parella Miguel Corredorira e Anahí Solla fixo vibrar a todos os presentes cun especatáculo acrobático de motos e car cross. En primeiro lugar, saíu Miguel coa moto, e dende o inicio deixou claro que era él quen dominaba á máquina. Seguiulle Anahí co car cross e os dous demostraron capacidade e control sobre os seus vehículos con numerosas acrobacias que facían corear aos espectadores.

Posteriormente tivo lugar o concerto do grupo “Gintonis”, que repiten un ano máis despois do éxito do pasado, como parte tamén do programa ofrecido por Os Esquíos. O día seguinte reuniríanse de novo para unha gran comilona, da que gozaron centos de moteiros.

 

Durante a comilona do domingo.

 

Miguel Corredoira dominando ao vehículo.

 

Os Esquíos a noite do sábado en Trives.

 

Os moteiros disfrutan das concentracións e da comida.

 

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button