DeportesÚltima hora

A Concentración Mototurística Os Esquíos de Trives cumpre 15 anos

O freestyle Paulo Martinho regresa á xuntanza moteira que se celebrará do 6 ao 8 de xullo
Asistentes á anterior edición da concentración moteira en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Despois do récord que batían o ano pasado con máis de 350 inscritos, Os Esquíos de Trives preparanse para unha nova edición da concentración mototurística “a máis veterana da provincia de Ourense” que este ano cumpre 15 primaveras.

O programa encetarase o venres día 6 de xullo coa apertura de inscricións a partires das sete da tarde e a festa de benvida que inclúe a tradicional chourizada e sangría. O sábado 7 de xullo ás 11h. comezará a ruta turístico-gastronómica e ao volver a Trives, terá lugar a ruta barítima polo pobo co tradicional “porco ao espeto”, acompañados pola música dos Bertolini de Manzaneda. Xa pola noitiña haberá churrascada e a partires das once da noite comezará a ruta de bengalas “na honra aos compañeiros caídos”. O prato forte chegará a partires da media noite coa exhibición acrobática a cargo do freestyle Paulo Martinho que regresa a Trives. O broche á velada porao a actuación musical de Gin-Toni’s.

 

Membros do Moto Club Os Esquíos de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button