OurenseÚltima hora

A Confederación Miño-Sil mellorará o saneamento e a depuración de Taboadela

O investimento estimado superará os 700.000 euros, que serán sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante pola Administración local

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Álvaro Vila, alcalde de Taboadela, rubricaban hoxe unconvenio de colaboración que posibilita as obras de mellora do saneamento e a depuración das augas residuais do municipio ourensán de Taboadela.

Este convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán a execución das obras e instalacións necesarias, a posta ao dispor dos terreos e o réxime da posterior entrega ao Concello de Taboadela para o seu mantemento e conservación. A CHMS licitará, adxudicará e xestionará os contratos da obra, servizos e calquera outros necesarios para a execución do presente Convenio, ata a terminación definitiva das actuacións.

 

 

As obras consistirán na construción de tres pequenas estacións de tratamento de augas residuais para o servizo dos núcleos de Espiñeiro, Xociños e Vendanova, a súa conexión ás redes de saneamento existentes. Por outra banda, tamén se executarán as actuacións que permitan conectar os núcleos de Veredo, Alto de Taboadela e Palacios ás redes de saneamento e á EDAR do municipio.

O investimento estimado superará os 700.000 euros, que sarán sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante pola Administración local.

Artigos relacionados

Back to top button