OurenseÚltima hora

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade visita Seixalbo, con motivo do remate 1ª fase das obras de renovación

Estes traballos desenvolvéronse nun treito de 1,5 quilómetros mediante un investimento económico de 850 000 euros

 

A conselleira, Ethel Vázquez.

 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou hoxe, 31 de xuño, Seixalbo con motivo do remate da 1ª fase das obras de reforzo da seguridade viaria e integración da OU-105 na trama urbana. Estes traballos desenvolvéronse nun treito de 1,5 quilómetros mediante un investimento económico de 850 000 euros.

Ademais, a conselleira avanzou o impulso da segunda fase das obras, subliñando que “o conxunto das obras nesta estrada de titularidade autonómica non só se mellorarán a mobilidade e accesibilidade de Ourense nun treito da Vía da Prata, senón que se contribuirá a poñer en valor Seixalbo como un dos núcleos históricos da cidade”.

Este proxecto prevé un investimento duns 500.000 euros e está previsto que “saia a información pública no mes de agosto, e dentro do prazo de alegacións serán convocados os veciños para explicarlle en detalle a actuación”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close