SanidadeÚltima hora

A conselleira de Sanidade visita as obras de ampliación do CHUO

O prazo de execución deste proxecto será duns dous anos desde o inicio da obra, que se adxudicou por 41 millóns de euros
A conselleira de Sanidade, atendendo aos medios na súa visita ao CHUO.
A conselleira de Sanidade, atendendo aos medios na súa visita ao CHUO.

As obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), que comezaban no pasado mes de xuño, eran visitadas pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, na mañá do 3 de setembro. Ao longo destes meses construíuse e púxose en marcha o novo aparcadoiro de persoal e instaláronse e conectáronse os módulos da zona de administración e dirección de obras.

Procedeuse asemade, segundo se informa dende o Sergas, á apertura dun novo vial de acceso ao heliporto e á instalación e conexión dos módulos provisionais de persoal, que acollen aos Servizos de Aprovisionamentos, Contabilidade, Calidade, Investigación, Docencia, Subdirección de Sistemas de Información, Fundación Biomédica Galicia Sur, Xestión de Axendas e Servizo Técnicos de Obras.

Nestes momentos estanse a desenvolver os traballos de escavación necesarios para acadar o nivel máximo inferior de cimentación da estrutura. Ademais das escavacións, están en marcha as actuacións relacionadas co traslado da Central de Gases; a apertura da nova entrada na fachada sur para a construción dun molle provisional de carga e descarga de subministros; e o derribo interior do Edificio Administrativo.

Durante o seu percorrido polas obras a conselleira estivo acompañada pola xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Eloína Núñez; e pola directora de Recursos Económicos do Sergas, Lourdes Vilachán; entre outras autoridades.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button