ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

A Consellería de Sanidade aplicará restricións no Barco pola situación epidemiolóxica

As medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor as 00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días

Indicador dos test Covid no Hospital Público de Valdeorras.

 

A Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas privadas e públicas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense. Esta decisión do Comité clínico ven motivada tras analizar a situación epidemiolóxica ourensá e constatar que as xuntanzas familiares e sociais están sendo a orixe da meirande parte dos contaxios na cidade. Así mesmo, continúan as restricións especiais impostas nalgunhas zonas da cidade.

Ademais, para garantir o cumprimento da normativa anti covid en Ourense, vaise reforzar a vixilancia mediante patrullas da Policía Autonómica, tal e como se vén de indicar dende a Consellería de Sanidade.

O Comité clínico decidiu tamén a inclusión do Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis no conxunto de concellos con restricións. As medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor as 00:00 horas desta medianoite, volvendo a revisarse en sete días.

Deste xeito, O Barco de Valdeorras, Sanxenxo e Meis pasa a formar parte do grupo de concellos con restricións constituído por Santiago, Lugo, Poio, Pontevedra, Marín, Ourense, Verín, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, así como no Milladoiro (Ames).

Entres estas restricións destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

Máis información:
https://osil.info/a-conselleria-de-sanidade-aplicara-restricions-no-barco-pola-situacion-epidemioloxica/

Artigos relacionados

Back to top button