ConcellosÚltima hora

A conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios centra o pleno infantil en Verín

A sesión celebrouse no Auditorio Municipal e contou coa participación de máis de 120 estudantes de Primaria e 1º da ESO

Máis de 120 alumnos de Primaria e 1º da ESO dos centros educativos de Verín (Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España), participaban na mañá do 13 de abril, no pleno infantil convocado polo Concello.

Os valores e a conservación ambiental, a reciclaxe e a prevención de incendios foron os eixos temáticos sobre os que versou a sesión plenaria, presidida polo alcalde Gerardo Seoane, o tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade Diego Lourenzo, e a concelleira de Cultura e Educación Emilia Somoza, onde os nenos formularon preguntas e propostas sobre estas temáticas e os proxectos que se están a levar a cabo en Verín.

Ao finalizar o evento tiveron a oportunidade de expoñerlle ao alcalde multitude de peticións como: implementar novos carrís bici, a construción dun spa, unha nova depuradora, un circuíto de karts, un centro comercial, máis aparcadoiros para camións ou unha sala de recreativos.

Gerardo Seoane explicou que esta sesión plenaria foi concibida polo Concello e os centros educativos coa finalidade de fomentar a conciencia ecolóxica nos máis pequenos. “Cremos que, ademais da súa propia aprendizaxe realizada coa preparación dos temas, é un método moi efectivo para que os nenos lle transmítanl aos seus pais e familiares este respecto polo medio ambiente”.

Artigos relacionados

Back to top button