En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A conservación e a mellora dos montes, entre os obxectivos do obradoiro “Concellos Rurais de Valdeorras II”

Está promovido polos concellos de O Bolo, Rubiá, Larouco, A Veiga e Carballeda de Valdeorras e nel a Xunta investiu 280.000 euros

Entre os programas de formación e emprego que se están a desenvolver na provincia de Ourense figura o obradoiro “Concellos Rurais de Valdeorras II”, promovido polos municipios da Veiga, O Bolo, Rubiá, Larouco e Carballeda de Valdeorras. Esta iniciativa ofrece formación e traballo na especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes a 20 persoas desempregadas dos concellos participantes durante un total de 9 meses. O Goberno galego destina a este taller 280.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá este obradoiro de emprego en Outar de Pregos (O Bolo), acompañada de alcaldes de varios dos municipios que forman parte desta iniciativa de emprego, entre os do Bolo, Manuel Corzo, e o de Larouco, Joaquín Prieto.

Durante os 9 meses que dura o programa, os alumnos dedícanse a realizar traballos de roza da vexetación e mellora paisaxística en distintos puntos dos 5 concellos participantes. Así, actuarán na praia dos franceses, na Veiga; na praza de Freixedo e ruta das Covas, en Larouco; na contorna da piscina en no camiño Vianova de Rubiá; na pasarela peonil sobre o río Sil e no camiño de inverno ao seu paso por Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras; e, por último, na praza de Fornelos e na área de descanso de Outar de Pregos, no Bolo, tal e como se recolle nas fotos que acompañan esta información.

No que atinxe á provincia de Ourense, en 2017 a Xunta destinou máis de 4,6 millóns de euros a desenvolver na provincia de Ourense 19 programas mixtos de formación e emprego, dos que 5 eran específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil e xa foron clausurados. Na actualidade, estanse a desenvolver na provincia 14 obradoiros xerais que benefician a 280 desempregados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button