A VeigaConcellosÚltima hora

A constelación do Arqueiro, fotografada polo barquense Sindo Novoa, no proxecto “Ceos galegos”

A imaxe foi tomada dende o miradoiro estelar das Tablillas (A Veiga)

 

 

Por segundo ano consecutivo, entre as imaxes que forman parte do calendario do proxecto “Ceos Galegos” inclúese unha do fotógrafo barquense Sindo Novoa. Se na do ano 2020, o valdeorrés contaba cunha foto na que lograba capturar o mítico raio verde no solpor xunto á emblemática Torre de Hércules (A Coruña); desta volta trátase da constelación do Arqueiro ou Seteiro. Ademais é unha foto tomada dende o miradoiro estalar das Tablillas na Veiga e coa que se ilustra o mes de marzo.

 

O barquense Sindo Novoa amosando a súa foto no calendario./ Cedida por Sindo Novoa.

 

Este poxecto trata de divulgar astronomía en galego a través dun calendario de gran formato editado con imaxes feitas en Galicia. Ao longo das súas páxinas percorre paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo fondo. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.

 

O fotógrafo amosando a portada do calendario 2021 deste proxecto galego./ Cedida por Sindo Novoa.

Artigos relacionados

Back to top button