OurenseÚltima hora

A contorna do Parque de San Lázaro, en Ourense, pecharase ao tráfico o día 18 no marco da Semana da Mobilidade 2019

Do 16 ao 22 de setembro desenvolverase un programa de actividades participativas e de sensibilización para fomentar o transporte sostible

 

O Concello de Ourense súmase á celebración da Semana Europea da  Mobilidade (16 ao 22 de setembro), cun programa de actividades divulgativas e de sensibilización destinadas a concienciar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente e os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o público, a bicicleta ou os desprazamentos a pé.

De luns a domingo densenvolveranse diferentes actividades, cunha xornada central o mércores 18, cando o Concello pechará ao tráfico de 9:30 a 21:30h a contorna do Parque de San Lázaro (rúa Curros Enríquez, desde Paseo até Habana e Concello, fronte á Subdelegación e o INSS), que acollerá diferentes actividades ao longo de todo o día.

Con esta iniciativa preténdese “promover unha reflexión sobre o modelo de cidade e a oportunidade de implementar medidas destinadas a favorecer o uso peonil das rúas fronte aos vehículo, e convidar a cidadanía a prescindir do coche nos seus desprazamentos en beneficio do transporte a pé”, explican dende o Concello. As actividades rematarán o día 22 co tradicional Día da Bici.

Artigos relacionados

Back to top button