CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia será os días 7, 8 e 9 de xullo

As probas de acceso á Universidade, que en Valdeorras se celebran no IES Cosme López da Rúa, manterán o modelo de exame que estaba previsto

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia.

Deste xeito, cúmprese co prazo establecido a semana pasada en conferencia sectorial para facer estas probas, que quedara fixado entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo. No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que –segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial – debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Tanto a Consellería como a CIUG coincidiron en que un modelo de exame como o que estaba previsto contribúe a dar tranquilidade ás familias e, sobre todo, ao alumnado, que vén traballando sobre un determinado tipo de exercicios para preparar as probas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close