EconomíaEconomíaÚltima hora

A coordinadora da Pasarela O Barco de Moda lucirá un modelo do deseñador vianés Jorge Álvarez

Diana Ortiz sairá no último pase do desfile previsto para este venres ás nove da noite

Un modelo de Jorge de Álvarez no desfile celebrado en agosto en Viana. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A dous días para a data sinalada, dende o Centro Comercial Aberto O Barco avanzan outra das novidades que presentará a II Pasarela O Barco de Moda que se celebrará este venres 20 se setembro ás nove da noite. Trátase da presenza do estilista e deseñador de Viana do Bolo, Jorge Álvarez, que acudirá como convidado e será o encargado de vestir á coordinadora do evento, Diana Ortiz, cun modelo que lucirá no último pase do desfile.

Jorge Álvarez, que no ano 2017 llegou á final do talent show “Maestros de la Costura” de TVE, foi galardoado o ano pasado co primeiro premio no Concurso de Xoves Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas e este ano co premio Balneario de Mondaríz ao Deseño Novel Galego.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close