DeportesÚltima hora

A Copa Galicia de descenso arranca esta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda

Descenso en MTB./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Copa Galicia DH arrincará esta fin de semana en Manzaneda. A Federación Ciclismo Galego recupera así o certame de descenso en bicicleta de montaña despois do parón obrigado pola pandemia, sendo a Estación de Montaña a sede deste evento deportivo en tres ocasións: o 1 de maio, o 17 de xullo e o 7 de agosto. Ademais, a primeira fin de semana de agosto terá lugar a MINI DH, evento infantil para a promoción de futuros bikers.

A primeira proba deste domingo coincide coa data marcada para a apertura de todas as actividades de aventura e deporte e nunha aposta por desestacionalizar o parque multiaventura máis aló dos deportes de inverno. Ata final de ano, Manzaneda acollerá un total de 16 propostas deportivas, ademais de 9 concertos todos os sábados de xullo e agosto.

Os descensos sobre dúas rodas na Estación de Montaña seguen espertando o interese de ciclistas afeccionados e profesionais. Así, Manzaneda exercerá tres veces de sede da Copa Galicia DH. A primeira proba, o Torneo DHI Manzaneda Bike Park, comezará o domingo e será puntuable para o campionato galego de ciclismo.

Mentres que mañá sucederanse os adestramentos libres, o programa do domingo arrincará ás 10 horas cos adestramentos oficiais. Ás 13 horas, iniciarase a manga clasificatoria e ás 15:30 horas a final.

 

Artigos relacionados

Back to top button