Cultura

A Coral Candea honra á patroa dos músicos

Oito agrupacións musicais participaron no festival de Santa Cecilia celebrado en Viana do Bolo
Actuación de Candea./ Foto: Carlos G. Hervella
Actuación de Candea./ Foto: Carlos G. Hervella

O 22 de novembro celébrase a festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos e un ano máis, a Coral Candea de Viana organizou na Casa da Cultura, un festival no que reuniron a diferentes agrupacións musicais. Os primeiros en actuar foron os membros do propio coro, seguidos por Matías Diéguez á guitarra clásica, as pandereteiras da Asociación Cultural Abaneo, o grupo de acordeonistas de Candea, Miguel Ángel Guerra ao saxo, a charanga Os Amigos de Solveira e a Charanga Os Chisquiños.
O prato forte da noite chegaría ao final do encontro musical, coa presentación en directo da Escola de Música Candea, un novo proxecto que vén de nacer en Viana, co obxectivo de formar unha banda.

O broche da festa puxérono tódolos músicos xuntos no escenario cantando A Rianxeira, antes de compartir unha cea de confraternidade con baile incluído.

Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button