CulturaCulturaÚltima hora

A Coral De Ruada actuará con Luar na Lubre en Vigo

O concerto de presentación do disco Ribeira Sacra na cidade olívica será este sábado 26 de xaneiro
A Coral De Ruada nunha actuación no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

A Coral De Ruada que celebra este ano o seu centenario, ten participado na gravación dos tres últimos discos de Luar na Lubre: Extra Mundi, XXX Aniversario e Ribeira Sacra e ten actuado en varias ocasións co grupo liderado por Bieito Romero en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Esgos. Por iso non é de extrañar que o faga unha vez máis.

Desta volta será este sábado 26 de xaneiro a partir das 20:30 horas acompañando ao grupo folk no concerto que dará no teatro de Afundación (antigo García Barbón) de Vigo para presentar na cidade da oliveira o seu disco adicado á Ribeira Sacra. A coral ourensá participou na gravación de varios temas deste traballo de estudo, participando ademais na súa presentación no Teatro Principal de Ourense durante tres días, en Esgos e no teatro Rosalía Castro da Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button