OurenseÚltima hora

A Coral De Ruada celebrará o seu centenario cun concerto “entre amigos” no Auditorio de Ourense

A actuación será este venres 12 de abril ás 20:30h. e contará coa participación de Treixadura e Luar na Lubre, entre outros

 

A Coral De Ruada nunha actuación no Teatro Lauro Olmo do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

A Coral De Ruada cumpre este ano o seu centenario, e para celebralo organizou un completo programa de actividades e actuacións entre as que destacan o concerto “De Ruada entre amigos” que dará este venres 12 de abril no Auditorio Municipal de Ourense.

O concerto, organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura e a Coral de Ruada, contará coa participación de agrupacións de música tradicional tan senlleiras como Rebulir, Gómez Mouro, Os Melidaos, Treixadura e Luar na Lubre, que quixeron sumarse a esta celebración, na que colaboran tamén a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e Turismo, a Obra Social “la Caixa”, Anpian, Cabú, Bodegas Arnoya e Estrella Galicia.

A actuación comezará ás 20:30h. e as persoas interesadas en asistir poderán recoller as entradas desde mañá ata o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes.

Artigos relacionados

Back to top button