OurenseÚltima hora

A Coral De Ruada porá o broche ao Serán’01, en Santiago de Compostela

A agrupación ourensá actuará o 10 de xuño no marco do concerto de coros históricos decanos de Galicia
A Coral De Ruada nun concerto no Barco de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Serán’01, I Encontro Galego de Cultura Popular, Baile e Música Tradicional reunirá en Santiago entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, dende artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal. O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. O Encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.

Entre as agrupacións presentes está a Coral De Ruada que cantará xunto a Toxos e Froles de Ferrolo dentro da sección Concerto de coros históricos decanos de Galicia. A actuación, prevista para o domingo 10 de xuño ás 17:30 horas poñerá o peche de honra ao gran encontro do folclore galego.

Artigos relacionados

Back to top button