OurenseÚltima hora

A Coral de Ruada, Sés e Nani García, entre os convidados no concerto de Luar na Lubre, este domingo en Esgos

A actuación, incluída na xira de presentación do disco Ribeira Sacra, será este domingo en Esgos
Luar na Lubre na presentación do concerto.

Con máis de 60 convidados actuará Luar na Lubre no concerto que dará este domingo 19 de agosto na Finca da Casa Reitoral de Esgos, onde tamén haberá espazo para a artesanía, os xogos tradicionais, a olería e a gastronomía.

O último traballo do grupo folk galegp, Ribeira Sacra está centrado na provincia de Ourense e, concretamente, “en toda esa área que a min me toca emocionalmente: Esgos e Xunqueira, onde teño as miñas raíces”, en palabras do líder da agrupación Bieito Romero. A produción está formada por 21 cancións, “das cales catorce son música e as outras son sons da nosa terra que marcan unha identidade”.

O concerto, organizado pola Deputación de Ourense, será o acto principal dunha xornada festiva que incluirá tamén unha mostra de artesanía, xogos tradicionais e postos de olería e gastronomía. As actividades comezarán ás 12. e a actuación está prevista para as 20:30 horas.

A xira musical de Luar na Lubre continuará nos máis de 40 concertos que levarán a Ribeira Sacra por diferentes cidades españolas, pero tamén chegará a Montevideo, Chile, Bos Aires, entre outros lugares que acollerán a súa música. E, dentro desa xira internacional, o grupo de folk terá unha cita en Esgos, na que participarán “máis de 60 artistas convidados como a Coral de Ruada, cerne fundamental para entender a música galega, Félix e Castor Castro, Ses, Nani García, Óscar Rosende, Irene Cerqueiro”, entre outros músicos que compartirán escenario co grupo de música folk.

Artigos relacionados

Back to top button