CulturaMúsicaÚltima hora

A Coraliña Cantora de Trives actuará en Lalín o 7 de novembro

O coro de voces brancas dirixido por Sandra González participará no VII Festival de Coros Infantís e Xuvenís
O coro de voces brancas Coraliña Cantora, nunha actuación na Casa da Cultura da Pobra de Trives.
O coro de voces brancas Coraliña Cantora, nunha actuación na Casa da Cultura da Pobra de Trives.

O vindeiro sábado 7 de novembro ás 18 horas celebrarase no Auditorio Municipal de Lalín (Pontevedra) o VII Festival de Coros Infantís e Xuvenís. Un encontro coral no que se darán cita cinco corais de diferentes puntos de Galicia.

Os primeiros en actuar serán os cativos do coro de voces brancas Coraliña Cantora de Trives, seguidos polo coro infantil San Lorenzo de Belesar de Baiona, o coro xuvenil Cantemos de Ponteareas, o coro Sagrado Corazón de Ribadeo, e por último, o coro anfitrión, Luis Areán de Lalín.

Con Manuel Vila ao piano, o coro trivés está dirixido por Sandra González e en Lalín interpretarán catro temas: “Hallelujah” de Leonard Cohen, “Canon de las frutas” (anónimo), “Gire it up” de Michel Gohl e “Supercalifragilisticuespialidoso” de Richard y Robert Sherman.

Tal como adiantan dende a Asociación Cultural Coral Polifónica de Lalín-Coro Luis Areán, organizadora do evento, ao finalizar o festival “imos ter uns pinchos no mesmo recinto, por xentileza de FECOGA”.

Artigos relacionados

Back to top button