CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coraliña Cantora de Trives, na II edición de Ourencanto

Máis de 450 nenos cantaron na clausura do encontro celebrada no Auditorio Municipal de Ourense

Co obxectivo de achegar o mundo coral á mocidade ourensá de entre 8 e 18 anos nacía o Encontro de Coros Infantís, Xuvenís e Escolares, Ourencanto, que este ano celebrou a II edición na fin de semana do 6 ao 8 de abril no Conservatorio Profesional de Música e no Auditorio Municipal de Ourense.

Foron unhas xornadas de participación e convivencia, que contou con máis de 450 nenos da provincia entre os que estaban os membros da Coraliña Cantora dirixida por Sandra González. Dividido en varias sesións de traballo, dinámicas e divertidas, o curso incluíu prácticas de canto coral coas cancións propostas para o encontro.

O broche poñíao o concerto no Auditorio Municipal de Ourense que tiña lugar o domingo día 8, baixo a direción artística do director e compositor Josu Elberdin, quen compuxo para Ourencanto unha melodía coral baseada nunha poesía do pedagogo e escritor ourensán Albino Núñez Domínguez, estreada no acto de clausura no que foi cantado polas voces brancas participantes no encontro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button