CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coraliña Cantora de Trives, no XII Festival de Coros Infantís e Xuvenís da FECOGA

Actuará o sábado 1 de xuño ás sete da tarde neste certame, que se celebrará no Teatro de Ribadeo

 

A Coraliña Cantora de Trives nunha das súas últimas actuacións./ Foto cedida.

Entre as cinco formacións que actuarán no XII Festival de Coros Infantís e Xuvenís FECOGA o vindeiro 1 de xuño estará a Coraliña Cantora de Trives, que dirixe Sandra González e cuxo presidente é Manuel Vila. Este certame terá lugar o sábado 1 de xuño ás sete da tarde no Teatro de Ribadeo.

Ademais da Coraliña Cantora tamén cantarán o Coro Xoven de Baio, o Coro Infantil da Confraría de P. S. Martiño (O Grove) e o Coro Sagrado Corazón de Ribadeo.

 

Artigos relacionados

Back to top button