CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A Coraliña Cantora de Trives representará a Ourense no XI Encontro de Coros Infantís e Xuvenís

O festival celebrarase o vindeiro sabado 12 de maio na igrexa nova de Baio
A Coraliña Cantora na pasada edición do encontro de coros celebrado en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Maio será un mes importante para Coraliña Cantora, o coro de voces brancas da Pobra de Trives que representará á provincia de Ourense no XI Encontro de Coros Infantís e Xuvenís que patrocina a FECOGA. No festival polifónico, que se celebrará o vindeiro sábado día 12 ás 19h. na igrexa nova de Baio (A Coruña), actuará de anfitrión o Coro Xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio e participarán outras dúas corais: Coro Cova Terreña de Baiona (Pontevedra) e Coro Sagrado Corazón de Ribadeo (Lugo).

E só dúas semanas despois, o sábado día 26, celebrarase en Trives por todo o alto, o festival de primavera da Coraliña Cantora que este ano chega á IV edición. Contará coa actuación de cinco coros infantís e “será moi especial”, adianta o presidente da coral trivesa, Manuel Vila, explicando que será despedida de seis rapazas da Coraliña (que marchan estudar fóra) e da Coraliña Infantil xa que os seus membros pasarán ao primeiro coro.

As dúas corais trivesas, serán as protagonistas dun concerto no que tamén actuarán os coros da Escolanía Antonio Valbuena de León, da Escola de Música de Barbadás, e San Martiño Asociación de Pescadores do Grove. A cita será na igrexa do Santo Cristo da Misericordia.

Artigos relacionados

Back to top button