CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A Coroa (A Rúa) acolle a primeira xornada do programa “Coñece Valdeorras, coñece a Florencio”

Elva Delgado e Aurelio Blanco achegaron aos asistentes retazos da vida do literato natural de Córgomo (Vilamartín)

Dada a relación de moita da poesía de Florencio Delgado Gurriarán co viño, non é de extrañar que fose nunha adega onde se inauguraran as xornadas “Coñece Valdeorras, coñece a Florencio”.

A Coroa acollía na tarde do 15 de novembro a primeira das sesións, á que acudían unha trintena de persoas, entre elas representantes de varios concellos da comarca, profesores e membros do Instituto de Estudos Valdeorreses. Na mesa o alcalde da Rúa, Luis Fernández Gudiña, era o encargado de presentar aos ponentes da tarde: Elva Delgado Vázquez era a encargada de falar sobre a vida e traballo de Florencio, con pequenas pinceladas da súa obra, e do labor do literato a prol do galego, ata chegar á data de creación do IEV en 1979.

Ese era o momento que a profesora aproveitaba para ceder o turno de palabra ao presidente do Instituto, Aurelio Blanco Trincado, sendo o encargo de poñer en coñecemento dos asistentes o labor que a institución que preside, levou a cabo ao longo de 40 anos, no recoñecemento do poeta natural de Córgomo, para exalzalo, primeiro en vida e tamén tralo seu pasamento. Blanco Trincado fixo referencia a Xosé Gayoso Díaz, primeiro presidente do IEV, quen propuxo xunto a outros directivos que Florencio ocupara o primeiro escano de Valdeorreses Ilustres, sendo o primeiro acordo da primeira sesión. “Foi tamén o IEV coas xestións de Xosé Gayoso quen logrou que Florencio fose investido como membro non numerario correspondente en México da RAG”, quedando pendente o recoñecemento da Real Academia Galega para concederlle un Día das Letras Galegas, xa que como o dixo o propio Aurelio, “Florencio D.G. foi un galego que por ser tan galego e querer tanto a Galicia, só recibiu paus”.

A velada remataba cuns petistos e viño de Valdeorras, e as xornadas continúan mañá, venres 16 de novembro, na Casa do Río Cigüeño, no Barco a partires das 19:30h. unha análise do labor literario e cultural que Florencio D.G. levou a cabo ao longo da súa vida.  Para iso haberá  catro ponentes: Ricardo Gurriarán falará sobre o “Itinerario vital e compromiso socio-político en Forencio Delado Gurriarán”; Víctor Fernández Freixanes sobre “A pegada da cultura galega en México”; Xesús Alonso Montero sobre o “aCancioneiro da loita galeg (México, 1943): Florencio Delgado Gurriarán, inventor e construtor dun libro contra a derrota de 1939”; e Camilo Valdehorras sobre “os Vieiros de Galicia Infinda e a lírica enxebre e exótica de Florencio, humanista cristián”.

Seguindo este acto chegará o momento da arte, da man de Roi Domínguez coa inauguración da exposición “Verbena”, unha colección de debuxos feitos con viño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button