DeportesÚltima hora

A corredora do Tres Lunas Valdeorras, Susana Alonso, convocada pola Selección Galega de Ciclismo

Participará no Campionato de España de Cross Country Maratón (XCM) que se disputará o 8 de setembro

Susana Alonso, ciclista do Tres Lunas Valdeorras.

 

Os corredores do Tres Lunas Valdeorras continúan dando alegrías ao club e á afección. Desta volta a boa nova vén da man dunha das súas deportistas máis destacadas, a corredora de Mos, Susana Alonso que vén de ser convocada pola Federación Galega de Ciclismo para participar no Campionato de España de Cross Country Maratón (XCM) que se disputará o 8 de setembro, coincidindo co X Maratón BTT Sierra de Cazorla.

Susana competirá en categoría elite, a mesma na que neste mesmo ano xa se proclamou campioa de España na distancia de ultramaratón.

Artigos relacionados

Back to top button