DeportesÚltima hora

A Coruña, sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2016

A designación era presentada no Concello da Coruña coa presenza do secretario xeral para o Deporte
Presentación da sede da final da Copa do Rei de Baloncesto 2016.
Presentación da sede da final da Copa do Rei de Baloncesto 2016.

Na mañá do 10 de febreiro presentábase a designación da Coruña como sede da fase final da Copa do Rei de Baloncesto 2016, que contou coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. No acto, Lete destacou “a honra que supón para o deporte galego e para toda Galicia acoller a edición 80 deste torneo”, convidando aos afeccionados a vivir novos momentos históricos, dos que este deporte adoita regalar, máis aínda tendo en conta a boa traxectoria do Río Natura Monbus Obradoiro, o anfitrión galego da proba.

O acto, celebrado no Salón de Plenos do Concello da Coruña baixo a presidencia do alcalde Carlos Negreira, contou así mesmo coa participación do presidente da Deputación, Diego Calvo, do director da Copa do Rei, Gerard Freixa, e do presidente da ACB, Francisco Roca.

Despois de vinte e tres anos desde a última vez na que Galicia foi sede dunha Copa do Rei de Baloncesto –no ano 1993-, Lete Lasa asegurou que a edición de 2016 permitirá amosar de novo a nosa capacidade de organización e a ben coñecida hospitalidade galega.

O secretario xeral para o Deporte rematou agradecendo aos responsables da ACB a súa nova aposta por Galicia, unha comunidade que ocupa o sétimo posto en licencias de baloncesto e que está representada por vinte e un clubs nas ligas de ámbito nacional, cifras que animan á Xunta de Galicia a seguir traballando polo crecemento do baloncesto galego, da man de clubs, federacións, institucións e sociedade.

Artigos relacionados

Back to top button