En portadaÚltima hora

A neve regresa ao oriente ourensán

A previsión de nevadas sitúase a partir dos 800 e 1000 metros no cadrante nordeste e centro peninsular

 

En poucas horas e segundo o previsto, o tempo deu un xiro brusco coa chegada dun fronte frío atlántico que trae unha importante baixada de temperaturas e mesmo neve.

Debido á previsión que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) emitiu sobre o risco de nevadas no cadrante nordeste na zona centro da Península, dende hoxe e ata o martes, a Dirección Xeral de Tráfico recomenda aos  cidadáns que teñan que circular polas estradas por algún dos motivos expostos no artigo 7 do Real Decreto 463/2020 pola que se declara o estado de alarma, consultar o pronóstico meteorolóxico e o estado da circulación, xa que a neve pode dificultar a conduccción.

Segundo a AEMET, hai previsión de nevadas copiosas a partir dos 800 e 1000 metros nos sistemas Central, Ibérico e Pirineos que poden afectar non só ás vías comarcais e locais, senón ás vías de alta capacidade como autovías e autopistas como a:

• AP-66 Asturias-León
• A-67 Cantabria-León
• A-52 Ourense
• AP-6/ A-6 Madrid, Castela e León e A-6 Galicia
• AP-51 Ávila AP-61 Segovia
• A-23 Castellón-Teruel
• A-1 Madrid- Burgos
• A-2 Madrid-Zaragoza

Atendendo á situación excepcional na que se agota o país, o pasado venres se suspendéronse as restriccións de circulación aos vehículos de transporte de mercadorías durante as fins de semana, como medida para garantir o suministro de bens esenciais e abastecimento ás cidades.
Ademais, a Dirección Xeral de Tráfico e os axentes da Agrupación de Tráfico da Gardia Civil poderán adoptar outras medidas co fin de garantir a fluidez e a seguridade viaria en todo momento: restrinxir a circulación a outros vehículos que non conten con neumáticos de inverno ou cadeas; limitar a velocidade de circulación e prohibir adiantamentos; cortes totais preventivos e emboldamentos; seguimentobobrigatorio de desvíos alternativos.

Artigos relacionados

Back to top button