Galerías de fotosÚltima hora

A creatividade e a cor toman as paredes dun dos pasos subterráneos do tren no Barco

Nestes días estase a desenvolver na vila un obradoiro de pintura mural organizado polos departamentos de Servizos Sociais e de Xuventude do Concello

Uns 14 mozos de entre 14 e 20 anos están a participar no obradoiro de pintura mural que se está a impartir durante estes días de agosto no Barco. Este grupo de rapaces participan e asisten habitualmente para encher de murais o paso subterráneo entre as rúas de Santa Rita e Caleras, por debaixo da vía do tres.

As coordinadoras deste obradoiro son Celia Rey e Eva Piay, ambas estudantes de Belas Artes. O grupo traballa todas as mañás de 10:00 a 13:00. Esta iniciativa está organizada polos departamentos de Servizos Sociais e de Xuventude do Concello.

Nesta galería de imaxes (fotos cedidas polo Concello do Barco) poden verse algúns dos traballos que xa están rematados.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close