CulturaCulturaÚltima hora

A crise global e política dende a perspectiva galega

Emilio Pérez Touriño vén de presentar na cidade de Ourense o seu último libro
O autor, rodeado por Xavier Casares e Víctor Freixanes, no Liceo de Ourense./ Foto cedida por Galaxia.
O autor, rodeado por Xavier Casares e Víctor Freixanes, no Liceo de Ourense./ Foto cedida por Galaxia.

O Liceo de Ourense acollía na tarde do 29 de outubro a presentación do novo libro de Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948), un acto no que estivo acompañado por Xavier Casares e Víctor F. Freixanes. En “Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia”, un ensaio de 200 páxinas editado por Galaxia, este doutor en Ciencias Económicas e expresidente da Xunta de Galicia plantexa unha análise da crise económica derivada da caída de Lehman Brothers e das súas consecuencias, entre elas o paso a unha nova etapa e a fin dun modelo socioeconómico.

E a súa singularidade e que aporta un enfoque dende Galicia a esta reflexión, na que aborda en tres fases “a crise en curso”, tal e como apunta no prólogo Fernando Salgado: “a diagnóse, a terapia aplicada e os resultados do tratamento examinando dende unha perspectiva galega”. Pero o libro non trata só de dar unha visión, senón tamén de facer unha proposta, tal e como matiza asemade Salgado.

Público asistente á presentación en Ourense do novo libro de Pérez Touriño./ Foto cedida por Galaxia.
Público asistente á presentación en Ourense do novo libro de Pérez Touriño./ Foto cedida por Galaxia.

Esta nova obra de Emilio Pérez Touriño ve a luz dous anos despois da publicación no 2012 de “O futuro é posible. Retrato dun tempo de cambio. Galicia (1998-2009)” (Editorial Galaxia).

Artigos relacionados

Back to top button