CulturaCulturaÚltima hora

A crise sanitaria tamén obriga a cancelar a XIII Ruta dos Fornos de Celavente

A festa íase celebrar o 2 de maio pero finalmente este ano non poderá ser

Asistentes á Ruta dos Fornos de 2019. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois a pasada edición, na que bateron record de asistencia con máis de 700 persoas, esperaron todo o que poideron por se a situación cambiaba, pero a grave crise sanitaria provocada polo coronavirus obriba tamén a organización da Ruta dos Fornos de Celavente (no concello de O Bolo), a cancelar a XIII edición que se ía celebrar o vindeiro 2 de maio.

“O máis importante para nos é a seguridade de todos os participantes e nestas circunstancias, celebrar a Ruta sería correr un risco innecesario. Tanto en maio como en xuño, ou mesmo no verán”, apuntan a través das redes sociais, asegurando que xa están pensando na Ruta dos Fornos 2021, “que terá lugar o sábado 1 de maio e que co voso apoio será a mellor da historia”, sentencian.

Artigos relacionados

Back to top button