CulturaCulturaÚltima hora

A crónica pictórica do baquense Díaz Ferrer sobre o maio do 68 chega a Allariz

Do 22 de febreiro ao 31 de marzo a mostra “Crónica de maio-París 1968” , producida polo Concello do Barco, poderá visitarse na Fundación Vicente Risco

Vivía en primeira persoa os sucesos acontecidos en maio do 68 nas rúas de París. Unha experiencia que  Jesús Díaz Ferrer (O Barco, 1922-Concud, Teruel, 2017) plasmou artisticamente en debuxos e pinturas nese momento, e que logo seguiu retomando en diferentes fases da súa obra. Unha escolma deles reuníase en abril do pasado ano na mostra “Crónica de maio. París 1968”, producida polo Concello do Barco baixo a curadoría de Luis Enrique Rodríguez Arias.

Case un ano despois da súa súa inauguración no Barco, esta mostra continúa percorrendo a xeografía galega e tras pasar por cidades como Santiago, Muros, A Coruña ou Monforte de Lemos, agora recala na vila ouensá de Allariz. Poderá visitarse entre o 22 de febreiro e o 31 de marzo na Fundación Vicente Risco (rúa San Lourenzo, 3), cun horario de 12h. a 14h. de sábado a domingos. Esta exposición pictórica está composta por 44 obras do autor valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button