AletismoDeportesGalerías de fotos

A cuarta San Martiño consecutiva para Alejandro Fernández

O atleta ourensán foi o vencedor absoluta desta 44ª edicion da carreira por Ourense cun tempo de 29:33

 

Alejandro Fernández, o atleta favorito dos ourensáns segue sendo o rei da Carreira Popular do San Martiño. E así o demostraba na edición deste 201, na que se coroaba como campión absoluto por cuarto ano consecutivo, sen dar opción aos rivais que se reunían na cidade de Ourense, na mañá deste domingo 14 de novembro.

Fernández tivo como gran rival á subcampiona olímpica, a bareiní Kalkidan Gezahegne, que aguantaba ben o pulso do ourensán ata o quilómetro 7 aproximadamente, cando empezou a perder impulso. Ata ese momento, a atleta rodou pola cidade en cronos cercanos ao récord do mundo dándolle emoción a extra a unha carreira xa de por si intensa, pero non pudo mantenelo durante os diez quilómetros da proba ao que o corredor local está ben acostumado.

 

Xesto autoritario de Alejandro Fernández tras vencer en Ourense.

 

Así, cun ritmo superior e preto da súa mellor marca persoal en Ourense, 29:33, Alejandro Fernández cruzaba en solitario a meta situada no pavillón de dos Remedios, chocando a man co público que lle levou polo aire durante todo o percorrido e cun xesto de autoridade ao impoñerse novamente en casa. O segundo posto da clasificación xeral foi para o atleta luso Nuno Costa, cun tempo de 30:01, completando o podio da proba Esteban Iglesia, cun crono final de 30:21.

Na categoría feminina, Kalkidan Gezahegne era finalmente cuarta na clasificación xeral, primeira atleta feminina cun rexistro de 30:23. A segunda clasificada era Yoselyn Brea, con 34:36, completando o podio Esther Navarrete, con 34:45.

 

Alejandro Fernández e Kalkidan Gezahegne, vencedores da 44ª San Martiño.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://www.osil.info/2-000-participantes-na-san-martino-2021-unha-carreira-popular-marcada-polas-restricions/

Artigos relacionados

Back to top button