ConcellosÚltima hora

A cultura no rural, a debate en Celanova

Esta localidade ourensá acolle o “Congreso internacional sobre educación e socialización do patrimonio”, sOpA 2014
Presentación do congreso sobre patrimonio rural que se celebrará en Celanova.
Presentación do congreso sobre patrimonio rural que se celebrará en Celanova.

Máis de 200 expertos e representantes de colectivos sociais de 10 países reuniranse do 22 ao 27 de setembro en Celanova para debater sobre o futuro do patrimonio e da cultura no ámbito rural. Será no marco do “Congreso internacional sobre educación e socialización do patrimonio”, sOpA 2014.

Este foro internacional presentábase na mañá do 19 de setembro no Centro Cultural da Deputación de Ourense nun acto que contaba coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e a directora do congreso, Sabah Walid.

O proxecto sOpA, baseado na “cultura libre”, pretende abrir o debate da cultura no rural a todos os estamentos da sociedade con enfoques alternativos e novas propostas “que permitan determinar novos modelos de xestión social do patrimonio, sempre nun contexto de diálogo aberto tanto para científicos como para asociacións e cidadáns”, explicou Sabah Walid.

Pola súa banda, Manuel Baltar, destacaba que “temos a obriga de preservar, manter e difundir para coñecemento de todos e para seguir creando esa “conciencia cultural” que en Ourense e en Galicia representa o legado histórico, etnográfico, natural e patrimonial que posuímos”.

Neste congreso participarán historiados, arqueólogos, activistas culturais e conservadores e restauradores que, ao longo de cinco días, ofrecerán relatorios e obradoiros que abranguen todas as temáticas de actualidade no que atinxe ao patrimonio no rural.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button