OurenseÚltima hora

“A Cultura Non Para En Ribadavia” a través das redes sociais deste Concello

Unha das actuacións a través das redes sociais do Concello de Ribadavia./ Foto: Concello de Ribadavia.

 

Neste período de confinamento o Concello de Ribadavia vén de poñer en marcha o programa cultural “A Cultura Non Para En Ribadavia” (#ACulturaNonParaEnRibadavia) a través das redes sociais municipais “como espazo cultural no que os artistas locais poden levar a cabo actuacións para que a cidadanía disfrute da cultura neste período de confinamento durante as fins de semana e os festivos”, tal e como informa o alcalde, César Fernández.

Para desenvolver esta iniciativa o Concello contactou con persoas da zona que desenvolven actividades relacionadas coas artes nos seus diferentes ámbitos (maxia, música, artes escénicas, poesía…) para que “contribúan cun vídeo da súa actuación para publicalo nas redes sociais do concello ao longo do fin de semana. Esta iniciativa desenvólvese de xeito continuado nos fins de semana dende a pasada Semana Santa, período no que se puideron ver xa as aportacións artísticas do Mago Alber, Joel Montoya e Amadeo Neira, e seguiranse a programar actuacións todos os sábados e domingos ás 19:00 dende as redes sociais”, segundo o Concello de Ribadavia.

Ademais esta iniciativa busca amosar “o enorme potencial e a enorme capacidade de creación artística e cultural que ten a sociedade ribadaviense, unha sociedade sempre moi activa e vinculada coa cultura”, di o alcalde de Ribadavia.

Dende o Concello tamén se agradece a “enorme contribución e o compromiso de todos os artisatas locais que teñen xa enviado actuacións para ser divulgadas, e animamos aos que aínda non o fixeran a que den o paso tamén e nos acheguen as súas actuacións para contribuír a que a cultura non pare”.

Artigos relacionados

Back to top button