En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A curtametraxe “O paso”, gañadora de “Valdeorras: denominación de cine”

A entrega de premios tivo lugar hoxe, 1 de setembro, no Mosteiro de Xagoaza

O Mosteiro de Xagoaza acollía no día de hoxe, 1 de setembro, o acto de clausura e entrega de premios do concurso de curtometraxes express “Valdeorras: denominación de cine”, organizado pola produtora Sintelobos co patrocinio da D.O. Valdeorras. Presentáronse once traballos e entregáronse oito galardóns. Así, “O paso”, de Lagarta films, alzouse co primeiro premio en ficción, entre outros.

Pentarumbas conseguía tres galardóns: o segundo premio na categoría de mellor ficción coa curta “Ker”, o primeiro na categoría de curta publicitaria por “La herencia”, e o barquense Lalo Santos, levaba o premio a mellor actor por “Ker”.

 

Os integrantes de Lagarta films.

 

Pola súa banda, Lidia Veiga e Dialan Rob, de Lagarta films, conseguiron os premios a mellor fotografía e mellor actriz por “O paso”, respectivamente. Así, “El tiempo vuela” de Saltalavista levaba o segundo premio na categoría de curta publicitaria, mentres que Miguel Corona alzábase co premio a mellor director, por “Vino, vio y fue vencido”.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando afirmaba que “estas iniciativas son importantes para a comarca e para o viño, porque co cine chégase a todas partes e nós queremos chegar a todas partes”.

 

O presidente da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando e o actor Carlos Iglesias.

 

A continuación, os galardoados tiveron a oportunidade de falar co padriño do festival, o valdeorrés Christian Escuredo, e cos membros do xurado, formado polo director, guionista e actor, Carlos Iglesias; o actor Octavi Pujades; José Pozo e Eli Terry de Inmminet Producciones e as axencias de representación Acción de Actores e Casting Quatro. Finalmente, o concerto de Nando González pechaba esta primeira edición do concurso.

Texto e fotos: Alba Prada

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close