EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei abrirá mañá a campaña de vendima

Labores de vendima nunha campaña anterior da D.O. Monterrei./ Cedida.

 

A Denominación de Orixe Monterrei abrirá mañá, luns 6 de setembro, a campaña de vendima no seu territorio amparado. A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2021, será Pazo das Tapias, situada na localidade de Pazos (Verín), tal e como vén de anunciar o seu consello regulador.

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. O seu territorio abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Está conformada por 27 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 631 hectáreas de territorio nas que traballan 383 viticultores.

Artigos relacionados

Back to top button